Quantcast
Channel: Noticias – Plataforma contra as fumigacións
Viewing all articles
Browse latest Browse all 11

A Plataforma contra as Fumigacións implica ao Parlamento de Galicia na campaña contra o uso do glifosato

$
0
0

foto_parlamento_24_05_16

Unha comitiva da Plataforma contra as Fumigacións1 mantivo encontros cos partidos politicos con representación no Parlamento de Galicia para tentar implicalos na campaña contra o uso do glifosato por parte das administracións públicas (PP, PSOE, BNG, AGE e Grupo Mixto).

Nestas xuntanzas, dende a Plataforma demos información aos deputados e deputadas sobre a inclusión deste herbicida na listaxe de substancias potencialmente canceríxenas da Organización Mundial da Saúde (OMS), así como os resultados de diversos estudos que demostran a presenza de glifosato no sangue das persoas e nos alimentos analizados, ou o grave problema derivado do envelenamento masivo de abellas, cos riscos que iso supón no seu esencial papel polinizador e as contiosas perdas provocadas no sector apícola.

As peticións da Plataforma contra as Fumigacións aos partidos políticos foron, principalmente, dúas:

  1. Abrir un debate parlamentario e chegar a un acordo para deixar de utilizar glifosato en traballos levados a cabo polas diversas administracións públicas galegas -concellos, deputacións, Xunta- polos perigos que entraña o seu uso.

  2. Que se impliquen na consecución do anterior punto facendo chegar aos concellos e ás deputacións nas que gobernan a moción para declararse oficialmente en pleno libres de glifosato.

Dende a Plataforma contra as Fumigacións valoramos positivamente estes encontros, xa que conseguimos o compromiso dos diversos partidos de trasladar a aqueles concellos e deputacións nos que gobernan a proposta de non utilizar glifosato polos graves riscos que representa o seu uso para a saúde da cidadanía e a conservación do medio ambiente.

Tralo fracaso da Comisión Europea na súa tentativa de prorrogar o uso do glifosato na UE até o ano 2025, agora teñen até o 30 de xuño para conseguir un consenso entre países que alongue a autorización deste pesticida en territorio comunitario, cousa difícil se pensamos que países como Francia, Alemaña ou Italia son claramente contrarios ao seu uso. Se non se acada ese consenso, a partir do 30 de xuño quedará prohibido o glifosato na UE. Por iso, para as organizacións e colectivos que formamos a Plataforma contra as Fumigacións, é de vital importancia conseguir un amplo número de apoios de concellos e deputacións, así como do propio Parlamento de Galicia, de cara a deixar patente diante das institucións comunitarias o forte rexeitamento que existe na cidadanía sobre este agroquímico ou outro calquera que implique riscos para a saúde das persoas ou a conservación do medio ambiente.

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 11

Latest Images